Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As bandeiras azuis xa ondean nas praias de Ponteceso

A Concelleira de Turismo levou a cabo hoxe o izado das bandeiras.

A Concelleira de Turismo do Concello de Ponteceso realizou hoxe o izado das tres bandeiras azuis que, por cuarto ano consecutivo, ondearán este verán no municipio, nas praias de Balarés, Ermida e Osmo.

Este 2020 será o cuarto ano consecutivo no que estas praias lucirán a bandeira azul, grazas á mellora permanente dos servizos que prestamos na costa. Estes coidados foron recoñecidos un ano máis pola fundación Adeac.

Desde o Concello, gustaríanos facer especial fincapé na importancia que ten este verán coidar as medidas de protección e hixiene, tanto dos socorristas coma dos usuarios dos areais, para asegurar unas praias seguras para todos/as.

Concello de Ponteceso