Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso impartiu hoxe un curso de RCP-DESA adaptado ao covid-19 para socorristas

O curso tivo un total de 8 asistentes e celebrouse no salón de plenos do concello de Ponteceso.

A Concellería de Deporte, Turismo e Dinamización Económica do Concello de Ponteceso organizou na mañá de hoxe, venres 10 de xullo, un curso de RCP-DESA adaptado ás condicións sanitarias do covid-19.

O Concello de Ponteceso preocupouse de que os seus socorristas teñan a mellor formación posible. Por iso, o curso foi impartido por Jesús Lucas Ayuso, que pertence á Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia. Nel participaron oito socorristas, e celebrouse no salón de plenos do concello de Ponteceso, en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Concello de Ponteceso