Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O proxecto de ampliación do parque empresarial de Tella é do agrado dos técnicos de Sepes

O proxecto de ampliación de polígono ten o visto bo dos técnicos de Sepes e a súa aprobación é inminente

Diego Taibo, deputado do PSOE no Congreso pola provincia da Coruña, e Alejandro Soler, tamén deputado no Congreso e anterior Director Xeral de Sepes estiveron no concello de Ponteceso coñecendo e apoiando o proxecto de ampliación de 21 hectáreas no parque empresarial de Tella. A súa visita permitiu ao órgano de goberno municipal coñecer que o proxecto de ampliación ten o visto bo dos técnicos de Sepes e que a súa aprobación é inminente.

En caso de que aínda non se nomeara o novo Director Xeral de Sepes, o alcalde de Ponteceso e os mencionados deputados van manter unha entrevista con Pedro Saura, secretario de Estado, para impulsar a sinatura do proxecto. Co visto bo dos técnicos de Sepes e coas xestións realizadas, a ampliación do polígono de Tella será unha realidade este ano.

Neste 2020 vaise asinar o convenio aprobado por unanimidade do pleno do Concello de Ponteceso e vaise iniciar o desenvolvemento das 21 hectáreas polas que o Concello está disposto a outorgar chan bruto gratuíto ás empresas que se queiran instalar en Ponteceso para favorecer a chegada de novas empresas. A primeira gran bolsa de chan vaise mercar cos 240.000 euros que aportará ao Concello EDP renovables nun convenio asinado o ano pasado.

Concello de Ponteceso