Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Suspendida a quinta edición da Feira Mariñeira Artesá de Corme

O evento, que ía celebrarse do 24 ao 26 de xullo, suspéndese finalmente a causa do covid-19

O Concello de Ponteceso suspende a quinta edición da Feira Mariñeira Artesá de Corme, celebrada cada verán no municipio. A crise sanitaria do coronavirus e a preocupación pola saúde pública son os motivos que levan ao órgano municipal a verse na obriga de cancelar o evento.

Durante os últimos catro anos, cada verán en torno a medio centenar de postos de artesanía e gastronomía instalábanse polo río da Roda e a Praza do Pan de Corme, nun programa que non só incluía pezas artesanais, senón tamén pasarrúas e actuacións, rodeado todo por un ambiente mariñeiro.

A crise sanitaria e social provocada pola pandemia de coronavirus e o risco de novos rebrotes obriga ao Concello a tomar a decisión de suspender a quinta edición da celebración, que se celebraría entre o 24 e o 26 deste mes de xullo.

Concello de Ponteceso