O Concello de Ponteceso reservou fondos provinciais para axudar ás familias en crise por culpa da pandemia. Todas as familias cuxos ingresos se viran considerablemente reducidos ou que quedasen sen ingresos a causa do covid-19 poden preguntar en Servizos Sociais do Concello polas axudas dispoñibles.