Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Actualización dos datos de covid-19 no concello de Ponteceso

Segundo os datos ofrecidos pola xerencia da área A Coruña-Cee, a día de hoxe, martes 15 de setembro, o número de casos activos no concello de Ponteceso é de 27, o que supón un descenso de 5 contaxios desde a última cifra dispoñible (32).

Ademais, actualmente estase realizando o seguimento dun total de 48contactos estreitos.

Para continuar con esta tendencia de baixada no número de casos activos, é importante que todos e todas continuemos facendo un esforzo por respectar as medidas de seguridade e prevención.

Concello de Ponteceso