Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Actualización dos datos de covid-19 no concello de Ponteceso

Segundo os datos ofrecidos pola xerencia da área A Coruña-Cee, o número de casos activos no concello de Ponteceso continúa descendendo e actualmente atópase en 23 contaxiados, 4 menos que a cifra de onte (27).

Recordámosvos que, para continuar con esta tendencia de baixada no número de casos activos, é importante que todos e todas continuemos facendo un esforzo por respectar as medidas de seguridade e prevención.

O comité clínico encargado de xestionar a situación sanitaria acordou erguer as medidas especiais aplicadas nos concellos de Bergantiños.

Antes das 00.00 horas ten que saír o DOG para que entre en vigor a nova normalidade. Agardamos ter mañá datos sobre os casos activos de covid-19 no concello de Ponteceso.

Ata que se publique no DOG, mantéñense en vigor as restricións desta semana no municipio. É necesario manter a precaución para manter o ritmo de baixada nos casos dos últimos días.

Concello de Ponteceso