A Fundación Laboral da Construción, en colaboración cos Concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños organiza unha formación de Prevención de Riscos Laborais para o mes de novembro.
A formación contará con:
- Un curso de nivel básico de prevención en construción, cun total de 60 horas, que se realizará entre o 2 e o 13 de novembro.
- Un curso de Prevención de Riscos Laborais para operador de aparatos elevadores, cun total de 6 horas, que se realizará o 16 de novembro.
As inscricións poden realizarse no concello de Ponteceso, nos teléfonos 981 71 54 42 e 604 05 12 91, ou a través do correo electrónico mariajose.pensado@ponteceso.gal. Tamén poden realizarse no concello de Cabana de Bergantiños, chamando ao teléfono 981 75 40 20 ou no correo electrónico silvana.facal@cabana.gal.
Debe entregarse a folla de inscrición e unha fotocopia do DNI.
Descargas asociadas