Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Resolución da relación de fincas propostas para o proceso de expropiación con motivo do parque eólico

As persoas propietarias de fincas afectadas por dito proceso recibirán notificacións individuais sobre o levantamento das actas

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do Concello a resolución emitida pola Xunta de Galicia na que se recolle a relación das fincas propostas no proceso de expropiación para a repotenciación do parque eólico de Corme.

Segundo a resolución, os días 13 e 14 de outubro e 10, 11 e 12 de novembro levantarase as actas previas á ocupación, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre as fincas propostas como afectadas.

As persoas afectadas recibirán unha notificación individual, sinalando a data e os horarios do levantamento efectivo das actas nas oficinas do concello.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso