A auga é un recurso valioso e cada vez máis escaso en Galicia, sobre todo en época estival. Por este motivo os criterios seleccionados na definición de zonas verdes son o emprego de sistemas de rega máis eficientes, a adecuada selección de especies vexetais e o aproveitamento da auga de escorrentía.
Deste xeito:
- Selecciónanse aquelas especies vexetais adaptadas ás características climáticas de Ponteceso e ás súas necesidades hídricas, é dicir, especies autóctonas.
- As plantas agrúpanse por hidrozonas, en función das súas necesidades hídricas, respectando a distribución topográfica que a especie ocupa de forma natural (proximidade a ríos, etc.).
- A superficie de céspede non é moi elevada e priorizar as zonas de herba que permiten un uso máis intenso ao longo do ano, soportando mellor o piso e que ademais poden ter períodos de repouso do mesmo xeito que árbores e arbustos.
- Utilizaranse sistemas de rega automatizados e por zonas, que abarquen toda a superficie da zona verde. Iso permitirá efectuar un control preciso das doses de rega en base aos requirimentos hídricos das plantas.
- Dispúxose unha rede extensa de bocas de rega, co fin de realizar regas de apoio, fundamentais nas operacións de plantación e en situacións de avarías.
- No caso de árbores e arbustos, priorizouse a rega por goteo sobre o emprego de regas de superficie, que xeran perdas de auga por escorrentía e evaporación, e que ademais precisan dunha importante presión de traballo. Para a rega de zonas de herba empregaranse aspersores de curto alcance. Complementouse este sistema con contadores de auga, sensores de choiva, vento e humidade conectados a un programador, co fin de controlar e reducir o consumo de auga.
- Incorporouse o uso das novas tecnoloxías utilizando autómatas para o control do gasto e para a realización dos cálculos das necesidades de rega en base á información proporcionada polos sensores e as estacións climatolóxicas. A operación efectuarase mediante válvulas motorizadas e de peche automático.
- En zonas onde a presión da rede de abastecemento é moi alta, utilizaranse dispositivos reguladores de presión como boquillas (de alta eficiencia para conseguir unha cobertura uniforme e reducir o consumo), válvulas, etc.
- A disposición dos elementos das zonas verdes (camiños, pavimentos, conducións, etc.) están deseñados de modo que se aproveite á máxima a auga de escorrentía de choiva.
Moi pronto adxudicarase a xardinería!