Todas as persoas residentes no concello de Ponteceso que se atopen nunha situación de necesidade de alimentos poderán beneficiarse desta axuda.
As persoas solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:
- Estar empadroados/as e ter residencia efectiva no concello de Ponteceso de forma ininterrompida plo menos con tres meses de antigüidade no momento da solicitude.
- Acreditar a situación de necesidade de alimentos.
- Que a unidade familiar non dispoña de ingresos suficientes para afrontar a cobertura desta necesidade básica.
No documento adxunto aparecen as bases relativas á presentación de solicitudes, a resolución das axudas e as reparticións e seguimento das mesmas.
Descargas asociadas