Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Sae a licitación do primeiro tramo da nova estrada Pazos-Corme, por case 370.00 euros

A Deputación da Coruña publicou nos pasados días a licitación do primeiro tramo da nova estrada Pazos-Corme, por un valor de case 370.000 euros. O desenvolvemento destas obras foi un compromiso do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, co alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, tras unha reunión mantida entre ambos no pasado mes de xaneiro na que analizaron distintos proxectos de mellora de infraestruturas no municipio.
As obras a realizar no proxecto para este tramo da estrada consistirán en:
- Apertura de contas por ambas marxes e limpeza.
- Fresado e reposición de firme no entroncamento coa estrada DP 4307, de Malpica a Ponteceso.
- Acondicionamento de accesos para evitar a entrada de auga nas vivendas.
- Substitución de 40 metros de varanda metálica galvanizada.
- Colocación de Barreira de seguridade metálica tipo bionda, así como a posta a terra de terminais de bionda existente.
- Debido a que actualmente o firme se atopa en tratamento superficial e bastante irregular, esténdese unha capa de regularización de espesor variable. Sobre esta regularización esténdese unha capa continua de mestura asfáltica en quente, tipo AC 16 SURF 60/70, de 4 centímetros de espesor.
- Renovación de sinalización vertical.
- Renovación da sinalización horizontal no tramo da estrada sobre o que se actúa, mediante pintura viaria branca.
O alcalde e a concelleira Noelia Varela visitaron a zona da obra. Dadas as características e volume das obras proxectadas, considérase como necesario e suficiente para a súa total terminación e entrega ao uso público o prazo de cinco meses, contados a partir da data de firma da acta de comprobación do reformulo.

Orzamento
Para esta obra, obtense un Orzamento de Execución Material como resultado de aplicar a cada unidade de obra o seu prezo unitario correspondente de 256.805,83 euros, que incrementadas co dezanove por cento (19%) de Gastos Xerais, Ensaios e Beneficio Industrial e, sobre este, o vinte e un por cento (21%) de IVE., resulta un Orzamento de Contrata para as obras a realizar de 369.774,72 euros.

Concello de Ponteceso