O evento poderá seguirse en directo, a partir das 19:30 horas, a través da conta de Facebook do Concello de Ponteceso
Mañá, sábado 19 de decembro, a partir das 19:30 horas celebrarase o concerto de panxoliñas do Grupo Iulius XIII en homenaxe ao XXIV Certame de Nadal das Corais Polifónicas, un evento organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ponteceso.
O concerto, que poderá seguirse en directo a través da conta de Facebook do Concello de Ponteceso, homenaxeará ás Corais Polifónicas San Xoán de Xornes, San Salvador de Pazos, Santa Mariña de Ponteceso, Brisas do Mar de Corme, A Oliveira do Monte Branco e San Eleuterio de Tella.
Este acto consistirá nun concerto por parte dun grupo, que interpretará diversas panxoliñas, e ao que asistirán representantes das corais que cada Nadal adoitaban participar no certame de corais organizado polo concello. Trátase dun acto en homenaxe a estas corais, posto a que pola normativa vixente non está permitida a celebración do certame.
Descargas asociadas