Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para solicitar o permiso para os establecementos e servizos de tempada

As solicitudes poderán tramitarse ata o próximo 18 de xaneiro

Desde o pasado xoves 17 de decembro e ata o próximo 18 de xaneiro de 2021, ambos inclusive, permanece aberto o prazo para solicitar o outorgamento de autorizacións para os servizos de tempada de praia, tales como quioscos expendedores de bebidas, hidropedais, hamacas, terrazas, e servizos de formación e ensinanza das modalidades deportivas de surf, bodyboard, longboard e padel surf, correspondentes ao ano 2021.
Este prazo permanece vixente para todas as persoas físicas ou xurídicas que pretendan instalar os seus establecementos en terreos de dominio público marítimo-terrestre da provincia da Coruña.

No caso das terrazas sobre paseos marítimos vencelladas a establecementos permanentes, as solicitudes poderán presentarse desde o pasado día 17 de decembro ata o último día hábil do segundo mes anterior ao mes no que se pretenda iniciar a actividade.

Para solicitar a prestación de servizos de tempada, as persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello no que pretenda presentarse o servizo ou empregando o modelo normalizado de solicitude dispoñible nas oficinas municipais e da Demarcación de Costas.

Concello de Ponteceso