As actuacións do dúo, becado pola Fundación Torre-Pujales, celebraranse cada venres ata a terceira semana de marzo e poderán seguirse en directo a través do Facebook do Concello de Ponteceso
formación musical Dúa de Pel ofrecerá ao longo das próximas semanas varios concertos no Museo de Arte Contemporánea de Corme (Ponteceso). Mentres a situación sanitaria non permita a asistencia de público a espectáculos e eventos culturais, as actuacións do dúo retransmitiranse en directo a través da conta de Facebook do Concello de Ponteceso. Os concertos celebraranse ás 13:00 horas de cada venres desde a primeira semana de febreiro ata a terceira semana de marzo, polo que a primeira cita será o próximo venres 5.
A música da agrupación supón unha mestura de diferentes musicais, cun forte compoñente folclórico. A través desta combinación, Eva Guillamón e Sonia Megías abrazan a tradición, reinventándoa e creando un son propio e orixinal. Dúa de Pel, formación nada en Madrid no ano 2014, atópase actualmente en Corme, becada pola Fundación Torre-Pujales.
Ao longo da súa traxectoria internacional, este dúo actuou en emprazamentos de renome, tales como o Teatro Real de Madrid, The Juilliard School de Nova York, o British Museum de Londres, o Culture Square Theatre de Shangai, o Yue Opera Town de Shengzhou (China) ou o Instituto Cervantes de Tokio (Xapón).