Na tarde de hoxe, venres 5 de febreiro, desde ás 13:00 horas, a agrupación Dúa de Pel ofreceu o seu primeiro concerto desde a planta baixa do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte de Corme (Ponteceso), fronte a tres obras do artista Julio Pujales.
O evento foi retransmitido en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Ponteceso e forma parte da serie de concertos que este dúo levará a cabo e que poderán seguirse da mesma forma. A formación musical interpretou pezas como Primavera, Al abrigo del sol, Aborigen, Interior / noche, Movimiento, Econana e Deusa Antiga.
A seguinte retransmisión terá lugar o próximo venres, 12 de febreiro, ás 13:00 horas. A música da agrupación supón unha mestura de diferentes musicais, cun forte compoñente folclórico. A través desta combinación, Eva Guillamón e Sonia Megías abrazan a tradición, reinventándoa e creando un son propio e orixinal. Dúa de Pel, formación nada en Madrid no ano 2014, atópase actualmente en Corme, becada pola Fundación Torre-Pujales.