A turbidez detectada na auga de Corme nos últimos días xa está corrida. Este estado turbio da auga aumenta en todas as traídas coas choivas intensas, como as vividas ao longo das últimas semanas.
O Concello xa investiu na reforma das tubaxes de máis de 50 anos, nas Forcadas, e quere seguir mellorando os sistemas de depuración. Ademais das analíticas de Sanidade e da propia concesionaria, un laboratorio externo segue a analizar a auga. As analíticas da empresa e as encargadas polo Concello de Ponteceso son enviadas a Sanidade.