Estas subvencións poden ser solicitadas por persoas autónomas, microempresas e pemes da provincia.
Xa está aberto o prazo para que as persoas autónomas, microempresas e pemes da provincia soliciten as axudas Plan Emprego Local-PEL Deputación da Coruña 2021, que este ano contan con máis de 5 millóns de euros e 4 liñas de subvencións.
A liña PEL-Emprende Investimento está dirixida a empresas con menos de 5 anos de actividade, para cubrir gastos de investimento en maquinaria, mobiliario, equipos para proceso de información e aplicacións informáticas.
A liña PEL-Emprende autónomos/as, para persoas autónomas con menos de 5 anos de actividade. Sufraga un ano de cotas á Seguridade Social.
A liña de axudas PEL-Pemes creación e ampliación está destinada a empresas con domicilio fiscal en municipios de menos de 20.000 habitantes e subveciona o 70% do custo de soldos e seguridade social durante un ano.
Por último, a liña PEL-Pemes mantemento está orientada a empresas beneficiarias de PEL-PEMES Creación e Ampliación 2020, cunha subvención do 50% do custo de soldos e seguridade social durante o 2º ano de contratación.
Ligazóns recomendadas