Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Escola de Arte municipal de Ponteceso conta con cerca de 90 persoas inscritas

As persoas empadroadas no municipio retomaron a actividade hai dúas semanas, mentres que, debido ás restricións, as non empadroadas comezaron de novo o pasado venres

A Escola de Arte municipal do Concello de Ponteceso conta cun total de 86 persoas inscritas, repartidas entre 2 grupos de nenos e nenas que reciben clase os xoves pola tarde en Corme e 5 grupos (3 de nenos e nenas e 2 de persoas adultas) que asisten os venres, tamén pola tarde, no Edificio das Escolas de Ponteceso.

En total, cerca de 90 persoas asisten a unhas clases un tanto especiais, nas que cada un se atopa creando as súas obras de forma bastante libre e tranquila. Os e as empadroados no concello retomaron as súas clases hai dúas semanas, cando as restricións establecidas polo Comité Clínico da Xunta de Galicia o permitiron, mentres que as persoas residentes noutros municipios volveron a comezar o pasado venres.

Trátase dunha actividade de gran éxito entre os asistentes; tanto os máis pequenos como os adultos desfrutan moito dela. Como o resto de actividades, actualmente atópanse seguindo estritamente todos os protocolos establecidos para a prevención de contaxios por COVID-19.

Concello de Ponteceso