O Concello de Ponteceso xa está a limpar fincas particulares que non cumpren as Ordes de Execución, pasando a factura aos propietarios, tal e como sucedeu no Campo da Feira de Ponteceso.
No caso das fincas rústicas, a limpeza realízase en virtude do convenio con Seaga, mentres que nas urbanas faina o Concello directamente.
Despois dun longo expediente con varias notificacións e publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, o Concello executa a Orde, para satisfacción dos lindantes.