A Agra de Carballido, na parroquia da Graña, tamén vai estar mellor comunicada con Cerezo. A pista de Cabanas estaba estragada, estreita e sen recollida de pluviais. Grazas a unha axuda de Agader, xestionada pola Xunta de Galicia, e fondos propios do Concello, imos mellorar o acceso a este lugar, que conta cunha antiga fonte e estupendas vistas do centro de Ponteceso.
O Goberno municipal comprobou o estado dos traballos, que deben estar finalizados na primeira quincena de maio.