Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso convoca unha bolsa de emprego para a contratación dun/unha técnico/a de Turismo

• As bases aparecen recollidas do Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe
• Os aspirantes contarán con 10 días hábiles para realizar a solicitude, contados desde mañá

O Concello de Ponteceso continúa abrindo oportunidades laborais, esta vez con fondos da Deputación Provincial da Coruña. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, mércores 5 de maio, a convocatoria e bases que rexerán o procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a contratación dun/unha técnico/a de Turismo, en réxime temporal.

Poderán presentar a súa solicitude para optar á bolsa de emprego todas aquelas persoas maiores de 16 anos que non acadaran a idade de xubilación forzosa, con nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea, ou de calquera daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente, e que se atopen en posesión dalgún dos seguintes títulos universitarios: grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado, dobre grao en Ciencias Empresariais e Turismo, grao ou licenciatura en Historia da Arte, grao ou licenciatura en Humanidades, grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio, ou grao ou licenciatura en Historia.

Ademais, os aspirantes non poderán padecer enfermidades ou defectos psíquicos ou físicos que impidan ou dificulten o desempeño das funcións, nin atoparse separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios, no que tivese sido separado ou inhabilitado.

O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do Concello ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015 será de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Unha vez que remate o prazo de presentación de instancias publicarase a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, e daqueles que están exentos de realizar a proba de recoñecemento de galego, que se publicará no Taboleiro de Anuncios do Concello e na sede electrónica municipal. Contra esta relación os interesados poderán formular reclamacións ou emenda de erros no prazo de tres días hábiles dende o seguinte ao da súa publicación na sede electrónica. No caso de que non se presentaran reclamacións contra a lista provisional, ou que non houbera ningún aspirante excluído, entenderase esta coma definitiva.

No anuncio de aprobación da relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos será sinalado o lugar, data e hora de realización das probas da fase de oposición e a composición do Tribunal Cualificador, debendo transcorrer polo menos 48 horas entre a publicación e a data de realización das probas. As restantes notificacións que se realicen durante a tramitación deste proceso de selección publicaranse na sede electrónica municipal.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso