Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Normativa para a celebración do San Xoán no Concello de Ponteceso

Ao igual que o ano anterior, a festa de San Xoán celebrarase baixo unhas condicións diferentes ao que estabamos acostumados/as por mor da COVID-19. De este xeito, é esencial impedir riscos, evitar contaxios e non incrementar unha posible incidencia no noso territorio, cumprir diversas normas, de seguridade e de prevención de lumes así́ coma de aglomeración de persoas e normas hixiénicas e sanitarias.

Non está permitido facer cacharelas en lugares públicos, terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas. O lume afastarase da leña apilada, das liñas de tendido eléctrico, liñas de telecomunicacións e de calquera almacenamento de produtos inflamables, como mínimo 5 metros.

As cacharelas non terán unha altura superior aos 2 metros nin máis de 6 de base. En caso de atopárense a menos de 400 metros do monte estas medidas reduciranse á metade: 1 metro de altura e 3 metros de base. Prohíbese queimar plásticos ou calquera outro produto que xere fume tóxico, produtos inflamables ou envases presurizados. O número de asistentes non superará o que determine a normativa sanitaria de aplicación no momento da celebración da festa.

Terase preparado preto do lume unha mangueira ou auga en baldes. Está prohibido facer o lume enriba do solo de dominio público pavimentado, con aglomerado, ou preparado de calquera xeito que poida ser danado polo lume. O/a responsable non abandonará o lugar ata en canto non quede totalmente apagado o lume, e unha vez extinguido humedecerá os restos con auga.

As persoas que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Ponteceso, antes das 14.00 horas do día 23 de xuño de 2021, cumprimentando unha solicitude xeral e achegando o lugar, os medios de extinción dos que dispoñan, o número de persoas participantes estimado e unha declaración responsable ou persoa responsable

A comunicación de queima non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas que houbera lugar no caso de producirse un incendio polo uso do lume cando concorra neglixencia ou imprudencia, ou incumprimento das normas de prevención anteditas.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso