Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso organiza de novo o programa “Camiñar na noite”

O programa conta con 8 rutas que comezarán o próximo venres 16 de xullo

Tras o éxito da pasada edición, o Concello de Ponteceso organiza un ano máis “Camiñar na noite”, que contará con 8 rutas de 6 quilómetros cada unha, aproximadamente, e que se celebrarán cada venres desde o próximo 16 de xullo ata o 3 de setembro. As rutas realizaranse entre as 22:00 e as 12:30 horas, e será imprescindible levar máscara, lanterna e chaleco reflector.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana, de 09:00 a 14:00 horas, a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente, o Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme. Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso