Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Éxito de participantes na primeira ruta de “Camiñar na Noite”

O programa deu comezo na noite de onte, venres 16 de xullo, e as e os participantes percorreron Ponteceso, O Couto e A Graña

Este venres, 16 de xullo, o programa organizado polo Concello de Ponteceso, “Camiñar na noite”, deu comezo coa primeira ruta na que as e os participantes puideron percorrer Ponteceso, O Couto e A Graña.
Ante a boa acollida, pois participaron neste primeiro itinerario máis de 30 persoas, conformáronse dous grupos de camiñantes para garantir así que todas e todos se deleitasen do entorno e do percorrido, amais do cumprir coas medidas de seguridade COVID-19.
A seguinte terá lugar o vindeiro venres 23 de xullo ás 22:00 horas, e na que sairán do Campo do Seixo e percorrerase Tella ao longo de seis quilómetros que marca o itinerario.

As prazas son limitadas, polo que é necesario anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net



Descargas asociadas


Concello de Ponteceso