Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para presentar as novas solicitudes para o Programa de Turismo do Imserso 2021/2022

O período de presentación remata o vindeiro 31 de xullo

O prazo de presentación das novas solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso para a Temporada 21/22 está aberto. Todas e todos os interesados poden tramitala ata o vindeiro día 31 de xullo, inclusive.

Dende o noso departamento de Servizos Sociais poñémonos á disposición de todos os usuarios e usuarias que precisen información ou presentar a documentación para acceder ao programa. Para elo, será preciso pedir cita previa chamando ao 981 971 594, ao 881 983 627 ou ao número de teléfono do Conceello de Ponteceso no 981 714 000.

Estes son os requisitos a cumprir:

- Ser pensionista de xubilación do sistema público español de pensións.
- Pensionista de viuvez (con 55 anos ou máis).
- Ser pensionistas por outros conceptos ou percibir prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos deber contar cos 60 anos cumpridos.
- Asegurado/a ou beneficiario/a do sistema da Seguridade Social (con 65 anos ou máis cumpridos).
- As persoas usuarias poden ir acompañadas do/a cónxuxe ou parella de feito e non é preciso que reúnan os requisitos anteriores.
- Tamén poderán estar acompañados/as dos fillos con discapacidade (cun grao igual ou superior ao 45 %) sempre e cando esta discapacidade lle permita viaxar e o fagan cos seus pais, compartindo con eles habitación ou aboando o suplemento por habitación.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso