Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Música tradicional para rematar a segunda ruta de “Camiñar na Noite”

Máis de corenta participantes percorreron a parroquia de Tella

Este venres, 23 de xullo, tivo lugar a segunda ruta do programa “Camiñar na Noite” organizado polo Concello de Ponteceso.
Desta volta, corenta e cinco participantes de entre 8 e 70 anos, entre os cales había persoas vidas de Madrid que están a pasar as súas vacacións en Corme e unha de Valencia, percorreron os seis quilómetros que marcaba a andaina pola parroquia de Tella.
A choiva non impediu que os tres grupos que se formaron para realizar a andaina, desfrutaran do entorno do itinerario.
A e os participantes puideron desfrutar amais dalgunha cantarea e da música tradicional galega, grazas a uns veciños de Tella, que pecharon así a segunda ruta de “Camiñar na Noite”.
A seguinte andaina será o venres 30 de xullo ás 22:00, na que sairán do Local Social para percorrer Corme Aldea.

As prazas son limitadas, polo que é necesario anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.





Descargas asociadas


Concello de Ponteceso