Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso habilita novas prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida

Estes espazos de estacionamento acondicionáronse en Corme e Ponteceso


O Concello de Ponteceso vén de habilitar novas prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida.
Dende o Concello e a Concellería que dirixe Noelia Varela, pregamos que estes espazos de estacionamento acondicionados en Corme e Ponteceso, sexan respectados por todas e todos os condutores.
"Ponte no seu lugar, non te poñas na súa praza. Pensa nos demais", con este lema queremos concienciar á sociedade.
Estas novas prazas de aparcadoiro, levadas a cabo con fondos propios ao estar bloqueado o Plan de Obras e Servizos (POS) e remanentes, estase a atender ás demandas dos cidadáns do Concello de Ponteceso.

Concello de Ponteceso