Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Traballos de limpeza e mantemento nas praias de Ponteceso

O Concello de Ponteceso está limpando mecanicamente as praias municipais, con especial énfase nas tres que contan con bandeira azul. O Alcalde do municipio, Xosé Lois García Carballido, visitou os traballos que está levando a cabo Costas no rego da praia da Ermida para a súa restauración: "os troncos que fan empalizada estaban caídos ao cauce e o rego cheo de maleza, por iso lle pedimos a Costas del Estado a súa conservación".

O Alcalde aproveitou a visita dos técnicos de Costas para amosar o problema na Arnela coa estrutura antiga de formigón, e revisáronse tamén os problemas de anegamento da entrada da praia de Niñóns.

“A Ermida é unha das praias máis fermosas da Costa da Morte. Imos traballar para mantela limpa e libre da erosión, e para iso ter o rego despexado é fundamental. A ponte de madeira é moi bonita, marcando esa unión entre río e mar. Ademais, temos Gondomil e a Pedra da Serpe a un paso, unha xoia do noso patrimonio", afirmou o dirixente pontecesán.

Concello de Ponteceso