Ábrese o prazo para inscribirse na andaina do venres 6 de agosto
Este venres, 30 de xullo Corme Aldea acolleu a terceira ruta do programa organizado polo Concello de Ponteceso, "Camiñar na noite".
Desta volta, as e os participantes percorren nos seis quilómetros que conformaban a ruta, Corme Aldea. Ao igual que nas rutas anteriores, a acollida foi moi positiva e participaron 35 persoas, nenos e adultos, que se dividiron en dous grupos.
A andaina rematou con cantos e recitais de coplas ofrecidas polaa veciñas e veciños de Corme Aldea.
A seguinte andaina será o venres 6 de agosto ás 22:00, na que percorrerán Pazos e sairán da Plaza.
As prazas son limitadas, polo que é necesario anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do
Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.
Descargas asociadas