O MACCMO acolle este venres 6 de agosto, ás 19:00, unha charla sobre a obra de teatro de Arantxa de Juan “Unha muller perigosa” que mostra unha parte da vida da actriz Anna Magnani
Arantxa de Juan visita o Museo de Arte Contemporánea da Costa da
Morte en Corme, para ofrecer unha charla sobre a obra de teatro escrita,
dirixida e interpretada pola actriz española, “Unha muller perigosa”, que
se levará a cabo este mesmo venres, 6 de agosto, ás 19:00. Nesta charla
de Juan introducirá ao presentes nas últimas horas antes de que a actriz
italiana ingresase no hospital, días antes da súa morte.
“Unha muller perigosa”
Esta obra escrita, dirixida e interpretada por Arantxa De Juan, relata a
última hora da actriz italiana Anna Magnani antes de ir ao hospital, onde
morrería días despois. A función narra vida e obra de Anna, unha muller
“perigosa” por dicir sempre a verdade, por non precisar un home, que
elixe os seus proxectos, unha muller que le as noticias cada mañá, en
definitiva unha muller que desfruta do seu corpo e da súa vida. Así define
a mesma de Juan a obra de teatro da que falará este venres no MACCMO.
Arantxa de Juan na pel de Anna Magnani consegue que o espectador pase
por todo tipo de emocións narrando dende o lado máis íntimo a vida
dunha muller pública.
Arantxa de Juan
Arantxa de Juan é unha actriz española de ampla e variada traxectoria
profesional que ao longo da súa carreira combina teatro e televisión. O
seu éxito comezou formando parte do trío “Las Veneno”, pero logo
participou en series como “a las 11 en casa”, “Amar en tiempos
revueltos”, Señor Alcalde”, “El síndorme de Ulises”, “Agitación+Iva” ou
“La pecera de Eva”, entre outras.
No 2019 recibe o premio á mellor protagonista nos “Angeles Film Awards”
polo filme “Todos cambamos”.
Arantxa de Juan colaborou amais en diversas producións internacionais
como “Comisario Rex” “Embassy” (BBC) ou “Paul Merton in Spain” (BBC).
A súa carreira está ligada á cidade de Nova Iorque, cidade na que comezou
os seus estudos de Arte Dramático e na que nos últimos anos estivo
colaborando con Susan Batson, coach da actriz Nicole Kidman, Juliette
Binoche e Ophrah Winfrey.