Este venres, 20 de agosto, voltan as andainas nocturnas cun percorrido por Brántuas e Niñóns
Este venres, 20 de agosto, o programa organizado polo Concello de Ponteceso, “Camiñar na noite”, retomarase cun percorrido por Brántuas e Niñóns.
A ruta de seis quilómetros sairá do Local Social ás 22:00 e terá unha duración aproximada de dúas horas.
As prazas son limitadas, polo que é necesario anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.
Descargas asociadas