Desta volta os asistentes puideron coñecer o microrrelato "Certos pescadores sacaron do fondo unha botella"
O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme acolleu na mañá deste mércores, 18 de agosto, unha nova lectura do ciclo "Un Mar de Relatos".
O ciclo, organizado pola Asociación Ínsua de Viastela de Corme, continuou no día de hoxe coa lectura, entre outros, do microrrelato de Wislawa Szymborska "Certos pescadores sacaron do fondo unha botella".
Maria Wisława Anna Szymborska foi unha poeta, ensaísta e tradutora polaca, gañadora do Premio Nobel de Literatura en 1996.
Amais, os asistentes participaron no coloquio que se levou a cabo despois da lectura.