Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Un percorrido por Brántuas e Niñóns para retomar o programa "Camiñar na noite"

Ábrese o prazo para inscribirse na andaina do venres 27 de agosto


Na noite deste venres 20 de agosto e logo dunha pequena paréntese, o programa organizado polo Concello de Ponteceso "Camiñar na noite" botou andar de novo.
Desta volta, as e os participantes percorren nos seis quilómetros que conformaban a ruta, Brántuas e Niñóns. Ao igual que nas rutas anteriores a acollida foi moi positiva.
A seguinte andaina será o venres 27 de agosto ás 22:00, na que percorrerán A Bugalleira e sairán da Praza.
As prazas son limitadas, polo que é preciso anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do
Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.



Descargas asociadas


Concello de Ponteceso