A peza que leva por título "Campanera", pertenece á serie "Palomas" da artista
O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme conta cunha nova obra logo de recibir a doazón dunha creación da ceramista española Carmen Perujo.
A peza única de 1991 que leva por título "Campanera", pertence á serie "Palomas" e foi entregada pola filla da ceramista, Sara, ao MACCMO.
Carmen Perujo é a oleira máis veterana e internacional en activo na actualidade. A artista, de 91 anos, naceu en Sevilla e amais de expor as súas obras por toda España, tamén o fixo en Stuttgart, Munich, Frankfurt, Florencia, Faenza, Basilea, Montreal, Nova Iorque, Obidos, Clamart-Paris, Oldemburgo, Düsseldorf así como en ARCO 87 e ARCO 88.
Dende 1968 ata 1990, Perujo centrou o seu traballo de investigación no torno, partindo de formas populares andaluzas que a levaron ao tema da pomba como símbolo, como significado dunha linguaxe de comunicación.