O “traxe” vestirá a fachada do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme este sábado 28 de agosto ás 12:00
O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme, está a piques de rematar a bandeirola feita coa colaboración dos veciños e veciñas do Concello de Ponteceso.
Este mesmo sábado, 28 de agosto ás 12:00 horas, a fachada do MACCMO quedará vestida co “traxe” onde a pegada artística dos que participaron quedará para sempre.
En total empregáronse 60 pequenas lonas (35cm x 35cm) que irán unidas para conformar o gran mosaico que representará ao museo. A través de pintura, traballos de redeiras, debuxos, collage, punto de cruz, bordados e mesmo fotografías que están presentes, nestas pezas e obras artísticas únicas creadas por persoas de entre 7 e 90 anos, na bandeirola.