Ábrese o prazo para inscribirse na última ruta do programa que será o venres 03 de setembro
Na noite deste venres 27 de agosto tivo lugar a sétima ruta do programa organizado polo Concello de Ponteceso "Camiñar na noite".
Os e as máis de 40 participantes percorreron desta volta, acompañados como de costume por guías, A Bugalleira. Cunha gran acollida os camiñantes pudieron desfrutar dos seis quilómetros da andaina na que tamén hubo tempo para realizar algunha parada e coñecer curiosidades da ruta. Precisamente, Luis Giadás, mestre de historia, foi o encargado de debullarlles a orixe do nome de Tallo, así como tamén a historia das torres de Tallo.
A seguinte, e última andaina do programa "Camiñar na noite" será o venres 3 de setembro, na que percorrerán Cores e Nemeño e sairán do Local Social de A Camapara.
As prazas son limitadas, polo que é preciso anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do
Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.
Descargas asociadas