Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O programa “Camiñar na noite” chega a súa fin coa ruta Cores e Nemeño

Cunha participación media que supera os 35 camiñantes por andaina, este venres 3 de setembro levouse a cabo a derradeira ruta

Na noite deste venres 03 de setembro tivo lugar a derradeira ruta do programa organizado polo Concello de Ponteceso "Camiñar na noite".

Unha vez máis a ruta foi moi ben acollida polos camiñantes e para esta oitava andaina participaron unhas 40 persoas. Para esta última ruta nocturna de seis quilómetros percorreron os lugares de Cores e Nemeño. Ao igual que na anterior, o profesor de historia, Luis Giadás, foi o encargado de debullarlles as curiosidades e a historia dos lugares polos que transcorreu a andaina.

Amais, para poñer o peche ao programa e a propia andaina do venres, a música non faltou grazas a Suso, gaiteiro de Mens, que amenizou a noite para o desfrute de todas e todos os camiñantes.

Cunha participación media de 35 camiñantes por andaina, o Concello de Ponteceso agradece a participación de todas e todos tanto nesta última ruta levada a cabo na noite do venres como nas anteriores, que grazas e eles o programa “Camiñar na noite” colleita nesta edición un novo éxito.

Concello de Ponteceso