Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Charla formativa para o uso correcto de composteiros

Este sábado, 18 de setembro, ás 11:00 un técnico de Sogama ofrecerá a todas e todos os veciños que se inscriban previamente unha sesión explicativa de como facer compost

A Biblioteca situada no edificio do Melga e o Centro Cultural do Concello de Ponteceso, acollerá este sábado 18 de setembro, ás 11:00 unha charla explicativa sobre o uso correcto dos composteiros e de como facer compost. Un técnico de Sogama será a persoa encargada de impartir esta sesión formativa a todas e todos os veciños pontecesáns interesados en formar parte desta xornada.

As e os participantes, que deberán inscribirse previamente contactando co Concello de Ponteceso no 981 714 000, logo da charla explicativa entregaráselle cadanseu composteiro (ata fin de existencias) para poñer en práctica o ensinado polo técnico de Sogama.

Con esta xornada, o Concello de Ponteceso, continúa así a fomentar o coidado do medio ambiente reducindo con este tipo de iniciativas os refugallos orgánicos que se depositan nos colectores. Lembramos, que gran parte do lixo que xeramos nas nosas casas é materia orgánica, que pode ser aproveitada, previo tratamento, nas nosas hortas e xardíns. Amais, a compostaxe doméstica aporta unha serie de beneficios para todos e todas, como a xa mencionada redución de residuo orgánico que remata nos colectores, reduce o uso de fertilizantes inorgánicos, aforro de auga de regadío e aporta os nutrientes necesarios para o crecemento das plantas de xeito natural, entre outros beneficios.

Concello de Ponteceso