Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A verdadeira historia de Hamelin contada a través do clown, os malabares e con moito humor

A Biblioteca Municipal de Ponteceso acolle este martes 12 de outubro ás 12:00 esta sesión de contacontos da man de MeRe Clown

"A verdadeira historia de Hamelin"A Biblioteca Municipal de Ponteceso do Centro Cultural acollerá este vindeiro 12 de outubro, ás 12:00, unha sesión de contacontos para coñecer da man de MeRe Clown “A verdadeira historia de Hamelin”.
As e os máis pequenos da casa, e os que non o son tanto, poderán descubrir se en realidade a historia do frautista de Hamelin é realmente tal e como nola contaron. Os que se acheguen ata a Biblioteca Municipal atoparán nesta sesión de contacontos moito humor, multitude de xogos e tamén de malabares.
Este espectáculo infantil, titulado “A verdadeira historia de Hamelin”, é unha adaptación circense do clásico conto, no que MeRe Clown captará a atención e implicará aos nenos e nenas do Concello de Ponteceso.

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse no 659 431 242, posto que o aforo é limitado.

Concello de Ponteceso