As tarefas que se están a levar a cabo permitirá conectar o parque empresarial co Centro Cultural de Ponteceso de forma sostible e segura para os peóns
O Concello de Ponteceso xa está a traballar na segunda fase das sendas de acceso ao parque empresarial de Tella para conectalo co Centro Cultural de Ponteceso de forma sostible e segura para os peóns.
As concelleiras Noelia Varela e Maite Chouciño supervisaron co Alcalde o final das obras de pavimentación, que darán paso ás obras de albanelería e a instalación da sinalización para a seguridade do peón.
Ponteceso tentará mobilizar outros 150.000 euros para o novo tramo, solicitando axuda á Consellería de Industria da Xunta de Galicia.
“Por menos dun millón de euros podíamos ter sendas por ambas marxes, de Ponteceso a Buño. Temos o estudio e buscamos financiamento para facelo, inda que sexa por fases”, explica García Carballido.
Segunda fase sendas de Tella
O Concello de Ponteceso xa traballa na segunda fase do acceso ao parque empresarial de Tella para conectalo co Centro Cultural de Ponteceso de forma sostible e segura para os peóns. O novo tramo ten 700 metros, pero o terreo está máis baixo que a estrada, polo que hai que construir numerosos muros de escolleira.
As concelleiras Noelia Varela e Maite Chouciño supervisaron co Alcalde o final das obras pavimentación, que darán paso ás obras de albanelería e a instalación da sinalización para a seguridade do peón. Antes de dita pavimentación realizáronse traballos de limpeza da maleza das beiravías.“Ata o de agora só se prestaba atención á calzada, pensando nos coches, é hora de pensar nos peóns, nas bicicletas e nas cadeiras de rodas, que merecen un espazo accesible para ir de Ponteceso a Tella” manifestou o Alcalde.
Novos proxectos para a mellora das sendas
Ponteceso tentará mobilizar outros 150.000 euros para o novo tramo, solicitando axuda á Consellería de Industria da Xunta de Galicia. O Concello xa traballa no proxecto, pensando nunha nova convocatoria de subvencións da Consellería de Industria. En convocatorias anteriores, o Concello aproveitou esta liña para as recollidas de pluviais e as arquetas de superficie, que rompen ao paso dos vehículos pesados.
“Por menos dun millón de euros podíamos ter sendas por ambas marxes, de Ponteceso a Buño. Temos o estudio e buscamos financiamento para facelo, aínda que sexa por fases.” O Goberno local xa ten un plan para conectar Buño e Ponteceso por sendas, por ambas marxes, un plan que precisa financiamento.“Hai moito terreo en dominio público que está sen urbanizar, traballando sobre el e sen expropiar un metro cadrado, podemos facer accesible o tramo con máis actividade económica de Ponteceso, polo que pasan unha media de 5.000 coches por día” engadiu o Alcalde.