Na mañá deste sábado, 23 de outubro, LimpOcean coa colaboración do Concello de Ponteceso levou a cabo unha limpeza da Praia de A Ermida.
As e os participantes nesta actividade de limpeza da praia, recolleron un sen fin de lixo como botellas de plástico, redes, vasos, caixas e un longo etcétera. Unha vez remata a recollida dos residuos atopados, entre todos e co asesoramento dos membros de Limpocean, clasificaron os residuos para que logo fosen integrados na rede de reciclaxe de lixo do Concello de Ponteceso.
Agradecemos a todas e todos os que participaron nesta actividade, así como aos veciños de Corme pola súa colaboración, que nos permite así aportar o noso gran de area para o coidado do noso entorno e en especial dos nosos mares e costas.