Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de solicitude para participar no programa Xuntos polo Nadal 2021

Pódense presentar as solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso ata o 15 de novembro

Un ano máis organízase o programa Xuntos polo Nadal, co que se pretende reunir ás persoas maiores de 60 anos que están soas por esas datas.

O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 15 de novembro inclusive, no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso.

As prazas que se ofertan son para a residencia de Panxón, en Nigrán (Pontevedra) e poderase solicitar para dúas quendas. A primeira entre o 22 e o 29 de decembro, e unha segunda quenda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.

Beneficiarios do servizo

Os requisitos para obtar a unha praza son os seguintes:

- Ter máis de 60 anos.
- Estar empadroado nun concello galego.
- Vivir só ou soa no seu domicilio e ter que pasar só/a esa festividade.
- Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, trastornos mentais ou de conduta.
- Estar vacinado fronte á COVID-19.


Os servizos ofertados


- Estancia durante 8 días (7 noites) na quenda elixida.
- Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión
completa.
- O desprazamento das e dos participantes en autobús dende os lugares que se establezan nas localidades que corresponda ata a residencia.
- Actividades de animación sociocultural.
- A recollida das persoas participantes será o día 22 e 31 de decembro pola tarde.
- A volta o día 29 de decembro e 7 de xaneiro, respectivamente, despois do almorzo.

As e os interesados poden solicitar máis información chamando ao teléfono 981 714 000.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso