As solicitudes poderanse realizar todos os días da semana de 16 a 18 horas
A Fundación Eduardo Pondal e a Casa da Muller ofertan unha multitude de actividades para este outono. As propostas das actividades levaranse a cabo na Fundación Eduardo Pondal e na Casa da Muller e desenvólvense coa colaboración do Concello de Ponteceso.
Talleres semanais para todos os gustos como teatro, cociña, cestería ou gaita pero tamén moitas charlas sobre saúde que contarán coa presencia de especialistas e expertos en diversas disciplinas.
Actividades semanais na CASA DA MULLER, Universidade Rural "Aldea O Couto":-
Os luns de 16:00 a 18:00: informática e capoeira.
-
Os martes de 11:00 a 13:00 gaita e de 16:00 a 18:00 cancioneiro e cociña.
- Os
mércores de 16:00 a 18:00: coaching, mindfulness e costura
- Os
xoves de 11:00 a 13:00 percusión e de 16:00 a 18:00 bonecas, papel e costura.
- Os
venres de 16:00 a 18:00: teatro, pirogravado e cestería.
- Os
sábados de 10:00 a 14:00: conciliación- robótica.
- Os
domingos ás 17:00: saúde.
Actividades SAÚDE na FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL serán ás 17:00:-
14 de novembro: Inmaculada Díaz Varela, farmacéutica.
-
21 de novembro: Borja Couto Baña, fisioterapeuta.
-
28 de novembro: Mª Belén Bello Cerdeiro, óptica e audioprotésica; e Karina Becerra, departamento de audioloxía.
-
05 de decembro: Adriana Suárez Pose, doutora.
-
12 de decembro: Ana Belén Andrade Verdes e Sara Verdes Pereira, odontólogas.
-
19 de decembro: Alba Pose Gontad, podóloga.
As inscricións ás actividades poden realizarse todos os días da semana de 16 a 18 horas. Co aumento do aforo permitido, en case todas as propostas hai prazas dispoñibles.
A inscrición é de balde e para solicitar máis información pódese contactar a través do correo electrónico fundacioneduardopondal@gmail.com.