Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Arrinca unha nova edición do Ciclo de Teatro no Concello de Ponteceso

A partir do martes, 09 de novembro, xa se pode solicitar a reserva de entradas para a segunda función do Ciclo de Teatro, para a obra Mofa e Befa: Dúas pedras no camiño


A edición XXVIII do Ciclo de Teatro en Ponteceso deu comezo este venres, 06 de novembro, no Edificio das Escolas do Concello de Ponteceso, coa obra “Feminíssimas” da Compañía de Ste Xeito Producións. Arrinca así o ciclo que encherá este mes de novembro de teatro a nosa localidade, que empezou cunha gran acollida por parte do público. Nesta primeira cita as e os asistentes puideron gozar da obra “Feminíssimas” que deixou na noite do venres altas doses de humor, ironía e complicidade.
A próxima función será o vindeiro venres, 13 de novembro ás 22:30 no salón de actos do Edificio das Escolas, coa obra “Mofa e Befa: Dúas pedras no camiño” da Compañía Producións Teatrais Excéntircas. Un espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público. A comedia “Dúas pedras no camiño” xoga, en palabras da propia compañía, coas alusións á música popular e á súa filosofía, que nos lembra que unha pedra no camiño poder ser algo que nos ensine ou nos transforme.
Para asistir á representación é preciso reservar as entradas contactando co Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso (630 907 124) na mesma semana en que se representará o espectáculo, neste caso a partir do martes 09 de novembro, ou unha hora antes da función.

Concello de Ponteceso