Será este vindeiro sábado, 13 de novembro ás 11 horas e un técnico de Sogama ofrecerá a todas e todos os veciños que se inscriban previamente unha sesión explicativa de como facer compost
Hai unhas semanas o Concello de Ponteceso anunciaba o lanzamento dun novo plan de compostaxe para continuar fomentando entre a veciñanza o coidado do medio ambiente reducindo, con este tipo de iniciativas, os refugallos orgánicos que se depositan nos colectores. No marco deste plan, este vindeiro sábado 13 de novembro a Biblioteca Municipal acollerá á partir das 11 horas unha nova charla explicativa para o uso correcto dos composteiros.
Un técnico de Sogama será o encargado de impartir esta sesión formativa a todas e todos os veciños pontecesáns interesados en formar parte desta xornada. Pera elo deberán inscribirse previamente contactando co Concello de Ponteceso no 981 714 000 tanto para a charla explicativa como para a reserva do seu composteiro, pois ao final da sesión do sábado serán entregados a todas as persoas que o solicitaran.
Máis de 100 veciños e veciñas do noso concello xa están a facer compost nas súas casas, logo de que o Concello de Ponteceso levase a cabo no mes de xuño e setembro o reparto de composteiros entre as e os veciños.