Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A educación como punto de encontro nunhas xornadas que acolle o MACCMO

Será o sábado día 20 de novembro, a partires das 11 horas da mañá


O sábado día 20 de novembro, a partires das 11 horas da mañá, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, MACCMO, acolle unhas xornadas organizadas polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado da Coruña (CFR) no marco do Espazo Educar, un proxecto formativo cultural dirixido á comunidade escolar dos centros educativos. O obxectivo deste proxecto é que a educación se convirta nun punto de encontro entre pais, nais, profesorado, alumnado e outras entidades da contorna.

A idea das xornadas é de facer unha mesa de diálogo circular entre docentes, pais, nais e alumnos, para traballar e solventar os retos e problemas da comunidade educativa actual.

Juan de Vicente Abad, docente experto en resolución de conflictos,
interculturalidade e convivencia escolar, presentará o libro: "Convivencia restaurativa".

Ao remate do faladoiro os asistentes ás xornadas farán unha visita guiada polo museo.

A xornada de convivencia rematará pola tarde cun roteiro pola vila de Corme organizado polo Departamento de Turismo do Concello de Ponteceso, guiado por Javier Couto.

Concello de Ponteceso