Foron moitos os nenos e as nenas que gozaron dun momento para o recordo con total seguridade
Ponteceso viviu unha tarde máxica este mércores, 5 de xaneiro, coa visita dos Reis Magos. Foi de maneira distinta a outros anos debido á situación sanitaria, pero igual de máxica.
Moitos nenos e nenas achegáronse á biblioteca municipal para saúdar ás Súas Maxestades de Oriente. Respectando todas as medidas de seguridade, gozaron dun momento inesquecible ao seu carón. Mesmo lle entregaron as cartas que lles escribiran e incluso recibiron un regalo que previamente o Concello solicitara para cada un deles.
A rapazada irradiou felicidade, e nós, de velos.
Descargas asociadas