Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Protección Civil de Ponteceso recolleu 63 cans ao longo do 2021

Foron entregados a propietarios e protectoras así como dados en adopción, e só un permanece na base, aínda que será recollido proximamente

Ao longo do ano que acaba de rematar, Protección Civil de Ponteceso recolleu un total de 63 cans que andaban perdidos ou abandonados polas rúas do concello. Corenta e cinco deles regresaron cos seus propietarios, logo de ser revisados por un veterinario e poñérselle as correspondentes vacinas así como un chip.
Oito entregáronse en adopción, cinco eran cachorros dunha cadela que estaba abandonada na zona de Tella, e catro leváronse á protectora APADAN. A día de hoxe, só un can se atopa na base, aínda que proximamente será recollido por unha protectora.
Dende o Concello encomiamos a labor que realiza a agrupación de voluntarios. Dende as redes sociais do consistorio apóiase a causa cunha rápida difusión dos animais atopados para tratar de dar co dono ou dona o antes posible e, do mesmo xeito, faise un traballo de concienciación tanto para evitar os abandonos como para fomentar a adopción. Tamén queremos aproveitar para darlle as grazas a todos os veciños e as veciñas pola súa implicación á hora de axudar a devolver a estes animais ós seus fogares. Se queres colaborar con Protección Civil, chama ó 981 714 000.

Concello de Ponteceso