O Concello de Ponteceso celebrou o Día internacional da muller traballadora.
O pasado Sábado traballadoras do noso Concello colocaron un "stand" na Praza do "Recheo" en Ponteceso con información
relativa ós dereitos da muller. Así mesmo, contruíronse varios murais feitos entre todos os veciños e veciñas que se achegaron ata o "stand" a deixar a súa pegada. Estes murais permanecerán durante un tempo na Casa do Concello.